martes, 2 de junio de 2009

as casas de antes

As Casas de antes

As casas de antes eran moi distintas ás de agora. Moi antigas se fosen aínda recordamos algo que as fan únicas. Por fóra eran de pedra selladas con barro e semellaban ser grandes. O teito era de lousas. Ás portas chamábaselles puxigos xa que estaban divididas en dúas partes, a de abaixo era de madeira e a de arriba era un cristal. O chan era de terra polo que se barría con barredoiros que era un pao cunhas ramallas de loureiro ou outra árbore que tiña abundancia de follas. Na cociña había unha lareira, onde facían o lume, quentábanse e ás veces facían de comer.

Na planta superior, as paredes e o chan erande madeira. Non había luz, alumaban cun candil.

As ventás eran de cristal e tiñan contras.

As cortes estaban practicamente dentro de casa, estaban separadas pola sobriera.

As habitacións estaban encima das cortes porque os animais daban calor. Eran a única calefación que tiñan. O pan non o compraban xa que os cartos eran escasos, preferían facelo caseiro, nun forno de pedra, sellado con barro para que non escapase a calor. Pero antes de ir cocer ían moer o trigo que antes habían sementado e recollido. Cando xa estaba o forno quente botábase o pan amasado e lévedo.