As casa rurais estaban construidas con pedra e barro, naqueles tempos non se coñecía cemento. As cubertas a duas vertentes acostuman ser de pizarra en Lugo e de tella curva no resto de Galicia. As ventas eran pequenas e de madeira , con contras, pois non había persianas , as portas eran de dúas partes, donde podía estar a metade da porta por abaixo cerrada e a outra metade para arriba, aberta, a esta parte chamaba selle o poxigo.
Na planta baixa o solo faciano de lastras de pedra ou pizarra , o solo da planta alta era de madeira, de carballo ou de castiñeiro. A cociña soliana facer na planta baixa, a cociña de cociñar era unha lareira donde tiñan unhas cadeas para colgar os potes que lles chamaban as camalleiras, tamén tiñan unha armación de ferro que tiña tres patas para os potes pequenos que lle chamaban as trepias ou trespés .
Na planta baixa solían facer ademais da cociña, as cortes do gando e mais os
cortellos para as crias. Tamén había casa que tiñan un negocio entón as cortes do gando tiñanas a aparte da vivenda.
Tiñan un forno de pedra de canteria para facer o seu propio pan.
Na planta alta tiñan as habitacións.
Tiñan tamén un horreo para gardar o mainzo, un pallar onde gardaban os aperos de labranza como: arados , grades, carros , azadas,etc. Logo tiñan unha palleira onde gardaban a herba seca para o gando. A palla solíana poñer en palleiros fora na aira , que era onde mallaban o trigo e os que non tiñan sitio para poñela en palleiras, gardabanas na palleira onde gardaban herba seca.
Había casa que tiñan o seu propio pozo da auga , pero tamén había pozos que eran comúns , e decir que eran de varios veciños.
Tamén solia haber un galiñeiro para as galiñas que tiñan para o seu propio consumo.
No século XVIII levantáronse casa grandes e de elevado tono social, pero sin definir fundamentalmente dos rasgos señalados ; son os denominados pazos . Estes destinguense polas suas dimensións, polos escudos nobilarios, as torres,a capillas e os frondosos xardíns que os enmarcan.
A palloza:
E unha construccion propia de alta montaña luguesa. Hoxe conservanse algunhas nos Ancares e Cebreiro. Hai uns anos extendíanse desdes a Fobsagrada a Serra do Courel.
É un tipo de casa moi primitiva tanto nas súas formas coma nas súas estruturas.
A planta pode ser redonda, elíptica, oval, retangular…….
A construccion esta realizada cos materias do contorno, aplicando técnicas elementais.Nas paredes usase xisto e pedra de gra, madeira de castiñeiro ou de Carballo para vigas e soportes e palla centea para a cuberta. O interior está dividido en duas partes. A palloza adaptase o terreo e encaixase nel para proteger dos ventos.